O pasado domingo 24 de marzo tivo lugar no CFEA de Sergude a 1ª Xornada de campo sobre probas de rendemento impartida polo coordinador técnico do Programa PANEGA á cal asistiron as técnicas e técnicos PANEGA das asociacións membros do Grupo Operativo: Agrupación Apícola de Galicia, Asociación Galega de Apicultura, Asociación Casa do Mel, Asociación Apícola Abellas Nais e Asociación Galega MENA, así como tamén apicultoras e apicultores membros dos equipos de avaliación.
Explicáronse na práctica os dez indicadores que os avaliadores deberán cuantificar neste primeiro ano 2024.
Os seis indicadores que teñen relación co MANEXO;
1.- Poboación.
2.- Cadros de cría.
3.- Padrón de cría.
4.- Distribución de reservas.
5.- Comportamento defensivo.
6.- Instinto de enxamía.
Os tres indicadores que teñen relación coa SANIDADE:
7.- Comportamento hixiénico.
8.- Caída de varroa.
9.- Porcentaxe de varroa.
O indicador que ten relación coa PRODUCIÓN:
10.- Produtividade en mel.
Para unha mellor comprensión desta 1ª Xornada Técnica sobre probas de rendemento podedes seguir os vídeos que se relacionan a continuación e descargar os ficheiros seguintes.
Descarga aquí o Manual de Probas de Rendemento para avaliadores do Programa PANEGA.
Descarga aquí a Ficha de Rexistros para avaliadores do Programa PANEGA.